15 Luna de Alabama

 

       
 

Os bicos perdidos

Aquelas rúas
onde os sorrisos
eran unha tentación
quedaron baleiras
de nenos con soños
e de nenas con ganas de soñar.

Agora os nenos
almorzan raras pílulas de cores,
pasan o resto do día
chorando sen chorar,
e non recordan que
a derradeira bágoa que viron
foi nunha noite de Marzal.

As nenas marcharon a espertar
en camas de homes
que poden pagar moito máis.
Poñen pinturas na cara
e ven filmes de corte intelectual;
agora xa medraron,
son adultas de verdade.

Aquelas rúas
onde as miradas
pudieron valer un mundo
morreron cos bicos perdidos
e convertéronse ao remate de todo
en pílulas de cores e filmes /
                      de corte intelectual.

 
 
 
Chavaga 1 de Julio de 2007
 
 
Luis Sáez